Carrito de compra

Son de palabra

Son de palabra

€12,50

gardaBicos nado do lazo creativo entre Celso Fernández Sanmartín, Niko Alvarellos, Benxamín Otero, Almudena Vidal, Inacio Vilariño e os Fantoches Baj.

Que é un Bico Solidario e porqué deberías engadilo ao teu apoio?

A cada gardaBicos que metas no teu carro podes engadirlle un Bico Solidario.

Se envías un Bico Solidario doarás 1€ e o teu apoio convértirase en apoio solidario.

As artistas e os artistas da iniciativa, a asociación e as empresas colaboradoras tamén se unirán ao teu apoio Solidario.

Por cada 25 Bicos Solidarios doaranse 25 máscaras en favor de diferentes organizacións que loitan contra a desigualdade no Norte e no Sur.

 

maskaeco®
Máscara hixiénica ecosostible 100% galega.

Cumple no seu conxunto cos criterios de ensaio Norma UNE 0065:2020 con Nº de certificación: 20-004965 emitido polo laboratorio galego AMSlab.

FUNDA. Reutilizable de protección e uso personal, de dobre capa 1+1 de tecido malla interlock de 150 gr. RPET 100% poliéster reciclado. Peto interior para filtro. Corte laser CO2.

FILTRO. Certificado para 5 lavados. Adaptado ao gardaBicos con 2 lapelas de suxeición para incorporar na capa intermedia da funda. Spunlace reutilizable e lavable con máis dun 95% de eficacia de filtración bacteriana no 5º lavado. Corte laser CO2.

BANDAS LATERAIS. Gomas elásticas hipoalérxicas, sen latex.

TINTAS. Libres de sustancias nocivas.

IMPRESIÓN. Sublimación téxtil fullprint con deseño integral.

PATRÓN. Propio en 3 Tallas infantil/adulto multisex. Corte laser CO2.

 

RECOMENDACIÓNS DE USO E MANTEMENTO:

1. Lavar ou desinfectar a funda antes do seu uso.

2. Por cuestións de hixiene e saúde non é recomendable o seu uso durante máis de 4 horas seguidas.

3. Recoméndase desinfectalas con calquera dos produtos virucidas autorizados polo Ministerio de Sanidade e despois lavar con abundante auga e xabón. Non usar suavizantes nin lixivia.

4. Podes rociar a máscara cunha solución hidroalcohólica, alcohol de 70º pero despois de facelo, pola túa seguridade debes esperar 2 horas para voltar usala.

5. Revisar a funda despois de cada lavado. Desbotar se se observa calquera tipo de deterioro.

NOTA IMPORTANTE: As máscaras infantís deberán usarse sempre, baixo a supervisión dun adulto e seguir as mesmas recomendacións.

Este producto non é un EPI nin un producto sanitario.